prensa
 
 

30/9/09

A ESMORGA 2

"PURO TEATRO"
Antonio Piñeiro
La Región. 29-9-09

(...)
Seriamente, arroupado por unha estudada e perfectamente ensarillada escenografía, facendo gala dun altísimo grao de veracidade no relato, dunha máxica verosimilitude na recreación da historia e dunha profesionalidade individual e colectiva que sería merecente, se cadra, de procurar os grandes escenarios do Estado, foi como recibín, o pasado sábado pola noite, a regalía da representación da Esmorga polo grupo ourensán Sarabela.
Malia que sei que estivera en cartel unha longa tempada, non tivera lecer eu daquela de poder asistir á representación que hai 13 anos fixera o grupo da obra cumio de Blanco Amor.
Descoñezo, polo tanto, canto queda daquela primeira experiencia e canto hai de novidade no relato dirixido por Ánxeles Cuña. Ora ben, o que sí sei - e podo dicilo con todo o orgullo de ourensanía, porque a compañía é ourensá - é que saín da sala coa sensación de ter participado eu mesmo na esmorga, é dicir, de ter sido abducido polo Cibrán, o Bocas e o Milhomes, do mesmo xeito que unha gran novela te atrapa nas súas páxinas e che fai perder a conciencia do tempo ou unha excelente película te eleva a outra dimensión, borrando todo o que se move ó teu redor.
(...)