prensa
 
 

8/11/08

DÁME VELENO 1

"NON É NECESARIO PERSIGNARSE" por Camilo Franco
La Voz de Galicia. 6-XI-08
( Extracto )

( ... )

O texto e a Compañía xogan con esas distancias do drama e da comedia, do drama como circunstancia e da comedia como réplica. Este punto de vista é unha das virtudes da montaxe: non desenfoca o argumento polo peso do drama.
Para o resto Sarabela levanta unha montaxe como con tres caras: unha narrativa para contar o argumento, unha que por veces é sentimental e por veces cómica para contar a circunstancia e unha terceira que vai colocando unha banda sonora para acabar de situar ao espectador nun horizonte que quere ser delicado.
Cando a montaxe consegue articular as tres direccións, cando consegue regular esas distancias e harmonizalas, a obra pode presumir de sinxeleza e profundidade

( ... )