prensa
 
 

12/10/07

CRISTOVO E O LIBRO DAS MARABILLAS 1

LA VOZ DE GALICIA. 9 de febreiro de 2007

FUGAS

CRÍTICA. CAMILO FRANCO

(Extracto )

"XOGOS DE DESCUBERTA"
(...) sarabela desembarcou con Cristovo e as marabillas nese territorio que debería estar poboado de nenos dispostos a ser algo maliciosos e adultos dispostos a ser algo inxenuos. Cada un debera por algo da sua parte e aínda que as familias que vaian ao teatro unidas non teñen que quedar unidas para sempre, é verdade que cando se separen han ser algo máis cultas.
Para non discutir o adxectivo físico, a máis recente montaxe de Sarabela abandona o textual e tenta estimular a vista como sentido de entrada e a imaxinación como obxectivo último dos espectadores. É unha imaxinación que volve sobre espazos abandonados a medida que a Play Station se sofisticaba. Son os territorios do exótico que agora vende National Geographic para os adultos dispostos a viaxar.
Sarabela traballa esta aproximación ao Colón infantil desde o xogo e o ritmo, a sorprender con algunhas resolucións visuais como as sombras chinesas, e a suxerir no espectador, teña a idade que teña, que xogar é algo máis que un método para aprender sen aburrirse. Xoga moito esta obra e coreografía os movementos para entreter os ollos e, hai días, que non se distinguen os ollos dos nenos e dos adultos