Margar no pazo do tempo 2
CRÍTICA: "O PREZO DE SER DISTINTO" por Bea Bravo
Culturagalega.org (26-X-07)
Tolo é o que adoitamos chamar ó que se arrisca a ser diferente. A orixinalidade xa non é doada de atopar, e as máis das veces non somos quen de entendela ou de apreciala. Para axudarnos a comprender isto, Sarabela sitúa a acción nunha casa de repouso dende a que tentará facer de guía pola escuridade dos nosos pensamentos, polo complicado dos nosos razoamentos. Cada un de nós é peculiar. Cada un de nós é único. Mágoa que ás veces esas diferenzas non sexan ben vistas por tódolos demáis.
Esta invitación á reflexión do que custa ser distinto non sería posible sen a maxistral interpretación de todos os actores, que sorprenden e arriscan explorando recursos grotescos e diferentes ós que cada un empregaba en espectáculos anteriores. A música, o baile, a canción e o movemento son armas escénicas nas súas mans que lles axudan a sacar o espectador da lóxica cotiá e transportalo a un teatro cheo de sensacións.
A pesar de que a obra pode perder por momentos algo de intensidade, apóiase no seu vestiario para superarse a si mesma. As roupas que nos presentan ós personaxes e que nos axudan a definilos son unha excelente mostra do traballo creativo, orixinal e cheo de cor que Ruth D. Pereira deseñou para este espectáculo, e que ten a importancia e a entidade suficiente como para converterse nun personaxe máis.

<< PÁXINA PRINCIPAL